AS PONTES DO CAMIÑO
As Pontes do Camiño foi unha actividade do alumnado de 1º ESO da área de Plástica. Tratábase de realizar un mural representando unha ponte. As pedras que a construisen debían ser, á vez, pontes distintas que cruzan os romeiros nos camiños que chegan a Santiago. Cada ponte debía estar debuxada e o documento debía conter a súa ubicación e as súas características.