VISITAS Ó MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS
Os días 25, 27 e 31 de maio, os tres grupos de 1º ESO, máis o alumnado de 2º ESO B, foron de visita ó Museo das Peregrinacións. Grazas, en primeiro lugar, a Paz Varela, a Coordinadora do Programa, por xestionar a visita, e a Fernando (que debeu quedar farto de nós) e Raquel, os nosos guías, que demostraron grande profesionalidade e coñecemento non só de todas as pezas do Museo senón tamén da historia da nosa cidade e do feito das peregrinacións. Velaquí quedan imaxes das distintas xornadas: